Programas

A INCUBADORA baséase en tres programas de capacitación 100% online e de balde, abertos ao sector cultural e patrimonial do territorio de América Latina e o Caribe.

Pódese realizar a inscrición desde o formulario da sección de Programas da páxina web de RUTEALC, sendo preciso, no caso dos programas de Emprendemento e Acompañamento, o envío dunha candidatura no prazo indicado, e a comunicación da resolución.

A INCUBADORA será relevada en 2024 por un novo formato de traballo en REDE, que permitirá consolidar o traballo realizado por toda a comunidade e abrir novas temáticas transversais con outros eidos do coñecemento como o turismo cultural, o medio ambiente, a innovación social, a ordenación do territorio ou a transformación dixital.

 

Unha REDE aberta e dinámica con diferentes liñas de actuación que explicamos a seguir:


ROGRAMA BOAS PRÁCTICAS
Obxectivo
Crear materiais e recursos técnicos para os xestores.
Metodoloxía
Grupos de traballo coa Rede Universitaria das Rutas Culturais.


PROGRAMA COMUNIDADE
Obxectivo
Ampliar os niveis de participación das rutas culturais. Foros e cursos de balde.
Metodoloxía
Compartir e aprender doutras redes da ODS. Workshop con outras Redes que traballen na ODS e contidos transversais.


PROGRAMA LIGAZÓNS OUTRAS REDES

A REDE irase alimentando desde o inicio do proxecto coa activación do FORO RUTEALC e a creación dun repositorio de recursos dixitais abertos, resultante da execución dos diversos programas, que poderás atopar no apartado de FERRAMENTAS RUTEALC.

 

 

 

Charlas de boas prácticas realizadas por destacados profesionais do sector e emitidas ao vivo polas plataformas Facebook e Zoom.

PÚBLICO

Abertas a todas as persoas interesadas en proxectos vencellados ás rutas culturais de Iberoamérica.

PRAZO DE INSCRICIÓN
10-24 de xuño de 2022.

DATAS
28 e 29 de xuño de 2022/ 17:00-20:00 horas (Horario Madrid/GMT+2 horas).

RELATORES
Clara Mónica Zapata, Quintín Correas, Fabiola Leiva, Jordi Tresserras, Miguel Ángel Cajigal “El Barroquista”.

MÁIS INFORMACIÓN
Programa en formato PDF

PRAZAS DISPOÑIBEIS
Sen límite